Amosando publicacións coa etiqueta actitude. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actitude. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de setembro de 2018

SETEMBRO. Avaliación e reinicio actividades. Respectamos o medio?


      Remata a tempada de campas, o verán. Podemos avaliar que tal foi e o que fixemos (cunha perspectiva crítica, por favor), así poderemos mellorar. E un dos apartados onde debemos incidir é no mediomabiental, en como respectamos o medio onde traballamos, e en todo o que podemos facer durante o resto do ano para poder conservar a natureza no su mellor estado e axudar á súa rexeneración, todxs desexamos desfrutar da natureza e temos visto aberrracións este verán, pero tamén temos descuberto paraxes incribles e descoñecidos por nos ata estes meses. Somos a maior especie invasora da terra, tomemos conciencia e fagamos todo o que poidamos para protexer a Terra, non temos outra. Así que vos deixamos o famoso discurso ou carta, que en 1855, o xefe indio Seatlh (da tribo Suwamish), dirixido ó home branco no que expresa a filosofía da vida , do seu pobo. Esta lección de ecoloxía é unha fermosa mensaxe sobre a natureza xamais escrito:

            ¿Como se pode mercar ou vender o firmamento, ou a calor da terra? Dita idea énos descoñecida. Se non somos donos da frescura do aire nin do fulgor das augas, ¿como poderán vostedes mercalos?

            Cada parcela desta terra é sagrada para o meu pobo. Cada brillante mata de piñeiro, cada gran de area nas praias, cada pinga de xeada nos escuros bosques, cada altozano e ata o son de cada insecto é sagrado á memoria e o pasado do meu pobo. A zume que circula polas veas das árbores leva consigo as memorias dos peles vermellas.

            Os mortos do home branco esquecen o seu país de orixe cando emprenden os seus paseos entre as estrelas; e senón, os nosos mortos nunca poden esquecer esta abondosa terra, posto que é a nai dos peles vermellas. Somos parte da terra e, e xusto, ela é parte de nós. As flores arrecendentes son as nosas irmáns; o venado, o cabalo, a grande aguia; estes son os nosos irmáns. As escarpadas peñas, os húmidos prados, a calor do corpo do cabalo e o home, todos pertencemos á mesma familia.

            Por todo isto, cando o Grande Xefe de Washington nos envía a mensaxe de que quere mercar as nosas terras di que reservaranos un lugar no que poidamos vivir confortablemente entre nós. El converterase no noso pai e nós nos seus fillos. Por isto consideraremos a súa oferta de mercar as nosas terras. Iso non é sinxelo, xa que esta terra é sagrada para nós.

            A auga cristalina que corre polos ríos e regatos non é soamente auga, senón, tamén, representa o sangue dos nosos devanceiros. Se lles vendemos terras deben recordar que é sagrada e a súa vez deben ensinar ós seus fillos que é sagrada e que cada reflicto fantasmagórico nas claras augas dos lagos conta os sucesos e memorias das vidas das nosas xentes. O murmurio da auga é a voz do pai do meu pai.

            Os ríos son os nosos irmáns e sacian a nosa sede; son portadores das nosas canoas e alimentan ós nosos fillos. Se lles vendemos as nosas terras, vostedes deben recordar e ensinarlles ós seus fillos que os ríos son os nosos irmáns e tamén o son seus, e, polo tanto, deben tratalos coa mesma dozura coa que se trata a un irmán.

            Sabemos que o home branco non comprende o noso modo de vida. El non sabe distinguir entre un anaco de terra e outro, xa que é un estranxeiro que chega de noite e toma da terra o que lle cómpre. A terra non é a súa irmá, senón a súa inimiga, e unha vez conquistada segue o seu camiño, deixando atrás a tumba dos seus pais sen importarlle. Secuéstralle a terra ós seus fillos. Tampouco lle importa. Tanto a tumba dos seus pais coma o patrimonio dos seus fillos son esquecidos. Trata a súa nai, a terra, e ó seu irmán, o firmamento, coma obxectos que se mercan,  explotan e  mercan coma ovellas ou contas de cores. O seu apetito devorará a terra, deixando atrás só un deserto.

            Non sei, pero o noso modo de vida é diferente ó de vostedes. A soa vista das súas cidades entristece os ollos do pel vermella. Pero quizais sexa porque o pel vermella é un salvaxe e non comprende nada.

            Non existe un lugar tranquilo nas cidades do home branco, nin hai sitio onde escoitar como se abren as follas das árbores en primavera ou como latexan os insectos. Pero quizais, tamén isto debe ser porque son un salvaxe que non comprende nada. O ruído só parece insultar os nosos oídos. E, despois de todo, ¿para que serve a vida se o home non pode escoitar o berro solitario do chota cabras nin as discursións nocturnas das ras ó borde dun estanque? Son un pel vermella e nada entendo. Nós preferimos o suave borboriño do vento sobre a superficie dun estanque, así como o cheiro dese mesmo vento purificado pola choiva do mediodía ou o arrecendo con aromas de piñeiros.

            O aire ten un valor inestimable para o pel vermella, xa que tódolos seres comparten un mesmo alento, a besta, a árbore, o home, todos respiramos o mesmo aire. O home branco non parece consciente do aire que respira; coma un esmorrente que agonía durante moitos días é insensíbel ó fedor. Pero se lles vendemos as nosas terras, deben recordar, que o aire énos inestimábel, que o aire comparte o espírito coa vida que sostén. O vento que deulle ós nosos avós o primeiro sopro de vida tamén recibe os seus últimos salaios. E se lles vendemos as nosas terras, vostedes deben conservalas como cousa aparte e sagrada, coma un lugar onde ata o home branco poida saborear o vento arrecendente polas flores das praderías.

            Por iso, consideraremos a súa oferta de mercar as nosas terras. Se decidimos aceptala eu porei unha condición: o home branco debe tratar os animais desta terra coma os seus irmáns.

            Son un salvaxe e non comprendo outro modo de vida. Vin a milleiros de búfalos a podrecer nas praderías mortos a tiros polo home branco desde un tren en marcha. Son un salvaxe e non comprendo como unha máquina fumeante pode importar máis co búfalo, ó que nós matamos só para sobrevivir.
            ¿Que sería do home sen os animais? Se todos foran exterminados, o home tamén morrería dunha grande soidade espiritual; porque o que lle suceda ós animais tamén lle sucederá ó home. Todo vai enlazado.

            Deben ensinarlles ós seus fillos que a terra que pisan son as cinzas dos nosos avós. Inculque ós seus fillos que a terra está enriquecida cas vidas dos nosos semellantes a fin de que saiban respectala. ensinen ós seus fillos que nós ensinamos ós nosos ca terra é a nosa nai. Todo o que lle ocorra á terra lle ocorrerá ós fillos da terra. Se os homes cuspen no chan, cúspense a si mesmos.
            Isto sabemos: A terra non pertence ó home; o home pertence á terra. Isto sabemos. Todo vai enlazado, coma o sangue que une a unha familia. Todo vai enlazado. Todo o que lle ocorra á terra lle ocorrerá ós fillos da terra. O home non teceu a trama da vida; el só é un fío. O que fai coa trama faino a si mesmo.

            Nin sequera o home branco, que Deus pasea e fala con el de amigo a amigo, queda exento do destino común. Despois de todo quizais sexamos irmáns. Xa veremos. Sabemos unha cousa que quizais o home branco descubra un día: o noso Deus é o mesmo Deus. Vostedes poden pensar agora que El lles pertence, o mesmo que desexan que as nosas terras lles pertezan, pero non é así. El é o Deus dos homes e a súa compaixón compártese por igual entre o pel vermella e o home branco. Esta terra ten un valor inestimable para El e se se dana provocaría a ira do Creador. Tamén os brancos extinguíranse, quizais antes que as demais tribos. Contaminan os seus leitos e unha noite perecerán afogados nos seus propios residuos.

            Pero vostedes camiñarán cara a súa destrución cheos de fachenda, inspirados pola forza do deus que os trouxo a esta terra, e que, por algún designio especial, deulles dominio sobre ela e sobre o pel vermella. Ese destino é un misterio para nós, pois non entendemos por que se exterminan os búfalos, se doman ós cabalos salvaxes, se saturan os recunchos segredos dos bosques co alento de tantos homes e se desborda a paisaxe dos exuberantes outeiros con cables parlantes. ¿Onde está o matorral? Destruído. ¿Onde está a aguia? Desapareceu. Remata a vida e comeza a supervivencia.



luns, 6 de agosto de 2018

OS XOGOS TRADICIONAIS os xogos de inverno (III)


      Rematamos, por agora coa terceira entrega, esta serie de entradas sobre os xogos tradicionais, pero máis adiante voltaremos sobre o tema e afondaremos nas tempadas de xogos, nas sortes e outro puntos de interese sobre esta temática.
      Pasamos agora a relatar unha pequena escolma de xogos de inverno.

A PARTIDA: Era un xogo mixto podía xogar rapaces con rapazas, o número podía ser de grande (dez ou doce participantes). Trazábase no chan un  círculo ou un rectángulo, ou outras veces escollíase unha parede ou outro punto de referencia, botábase a sorte e apandaban un, dous ou tres, dependendo do número de participantes. Os que apandaban tiñan que atrapar ao resto e levalos ao punto de referencia escollido coma “cárcere”, se xa colleran presos e un dos que aínda estaba libre conseguía cegar ate o cárcere e tocar os collidos estea quedaban libres. O xogo remataba cando os que apandaban collían a todos e se voltaba a botar sortes quedando excluídos aos que xa apandaran. Nas vilas e cidades costeiras de Pontevedra nos anos setenta e oitenta coñecíase este xogo coma POLIS E CACOS.  

      A PRIMEIRA NO CHE TOCO: Era un xogo sobre todo de grupo, un  dos rapaces apandaba e se colocaba no centro duna circunferencia grande, de catro ou cinco metros de diámetro, dobrándose pola cintura e coas mans entre os xeonllos; os demais colocábanse en fila e tiñan a obriga de saltar por riba del mentres dicían unhas frases e realizaban unhas accións, eran as seguintes:
      Á primeira non che toco: había que saltar abrindo as pernas e apoiando unicamente as mans sobre as costas do que apandaba.  
      Á segunda bomba: ó saltar, deixábase caer sobre o lombo do que durmía, dándolle unha cuada.
      Á terceira, Maricas a Rodilleira: o saltador agarraba cunha man a gola da prenda do que apandaba e coa outra á cintura do pantalón, colocándose enriba del cun xeonllo, se o durminte quería podía aguantar un pouco a ver se o outro caía (e pasaba a apandar), pero se non caía dicía abaixo e o que saltara baixábase.
      Á cuarta quedar sentado: o que saltaba podía quedar sentado sobre o outro, agarrándose coas mans á roupa do outro, pero se o que durmía dicía sen estribos, este tiña que soltar as mans e aguantar o equilibrio sen caer, se non caía dicía o que apandaba abaixo e este baixaba, se caía apandaba.
      Á quinta, un espalin: ao tempo de saltar darlle un puntapé o que durmía nas nádegas.
      Á sexta, lesca: ao saltar darlle co pé na cabeza do que apandaba, pero se o comezar o xogo podía acordarse que non se facía.
      Á sétima, os barranquiños: rabuñar o lombo do durminte ao tempo de saltar.
      Á oitava, palma, espalín e cuada: tocar as palmas antes de saltar, darlle cun pe nas nádegas e deixarse caer enriba do que durmía no salto.
      Á novena, os rechimplóns: ao saltar apoiar os cotelo sobre o lombo do que durmía.
      Á décima, un remedio: ao saltar darlle unha cuada.
      Á décimoprimeira: Ídem que a anterior .
      Á décimosegunda: Ídem que a anterior.
      Á décimoterceira: paxariños a voar, que a nai Silva vai escapar: aínda o derradeiro en saltar non acabara de dicir estas palabras escapaban todos, mentres que o que apandara quedaba dentro da circunferencia, os demais tiñan que intentar entrar nela, e o que apandaba cunha pelota de trapo ou cun terrón collido alí mesmo tiña que impedilo, se atinaba a darlle algún dos fuxitivos, este pasaba  a apandar, pero se algún deles vía que ían atrápalo ou darlle coa pelota podía dicir: “vista ao rei”, entón tiñan que contar sete pasos dende os límites da circunferencia, e o que apandaba tiña que darlle dende o centro da mesma.
      Moi similar a este xogo era o de: A LA UNA ANDA LA MULA, que se xogaba na provincia de Pontevedra nos setenta e oitenta

      TRES MARIÑOS A LA MAR: Tirábase a sorte a ver quen apandaba, o que apandaba (podía ser máis de un) colocábase no interior dun círculo, ou podíase escoller unha parede ou unha pedra coma punto de referencia, e pechaba os ollos (ou vendábase), e o resto escondíanse polas inmediacións da zona do xogo, cando estaban agachados, gritaban: “tres mariños a la mar”, o que apandaba o abrir os ollos ou quitaba a venda e respostaba: “outros tres van navegar”. Se  atopaba algún gritaba: “terra descuberta”, dicindo a continuación o nome e o lugar onde o vira, e corría ata o círculo, e se chegaba antes que o que descubrira este pasaba a apandar.

      FULANIÑO QUE ME MATAN: marcábase no chan unha circunferencia de dous ou tres metros de diámetro, durmía o que lle tocara, colocándose no interior do  círculo coa cabeza gacha entre os brazos, o protector do que apandaba, fulaniño, se colocaba a oito ou dez pasos da circunferencia. Pasaban entón os outros o interior do círculo e batían coas gorras ou panos ao rapaz na cabeza, cando este o consideraba gritaba: “fulaniño que me matan”, “acude fulaniño que me matan”. Fulaniño corría entón e sentaba ao carón do que durmía, no primeiro intre todos escapaban, pero logo voltaban a intentar golpear o que apandaba, pero fulaniño o protexía coa súa gorra ou pano, e se lle daba algún dos outros, este pasaba a apandar.

      A TELA: Era este un xogo mixto, de movemento constante para escorregar o frío. Saían todos a correr perseguidos polo que durmía, e cando este conseguía tocar a algún dos que escapaba, dicía: “Tela”. Entón o que escapaba pasaba a ser perseguidor.

     ALTURAS: Xogo mixto, similar ao anterior, pero neste cando o perseguido estaba a punto de ser collido podía subirse a unha pedra, repisa, ou calquera obxecto que sobresaíse do chan e gritaba: “alturas”, e mentres estíbese no alto non  podía ser tocado polo que apandaba, que pasaba a perseguir a outro.

   PARA REMATAR (por agora)
      Estes son soamente uns poucos xogos para facernos unha idea de cómo xogaban os nos pais e avós. O boom demográfico de finais do sesenta e setenta trouxo consigo un cambio na tipoloxía dos xogos, sobre todo nas cidades costeiras, trouxo as tempadas de xogos: tempada de buxainas en primavera, cando coa cegada do sol a terra estaba máis dura, carrilanas de rodas. Tempada de pincho en inverno, cando a terra era máis branda; tempada de bolas en outono ou en primavera, etc...
      Todas estaban condicionadas polo calendario escolar, pasando a ser o tempo de vacacións de verán un tempo dedicado aos xogos na rúa: polis e cacos, brile, etc...
      Pero todos os xogos estaban pensados cunha premisa, eran xogos para xogar en grupo, seis, oito, doce ou máis rapaces e rapazas. Isto é o que se debe buscar ao intentar recuperar estes xogos tradicionais, a necesidade d@ nen@ por relacionarse cos seus compañeiros, non soamente na escola, senón ao chegar ao seu barrio.
      Este feito axuda ao proceso de socialización do individuo coma parte individual dun grupo (a sociedade), e fomenta a aprendizaxe individual e grupal de comportamento e de cooperación.
      Pero sobre todo cos xogos tradicionais recuperase un feito excepcional no desenvolvemento da persoa: O PRACER DE XOGAR XUNTOS.

luns, 23 de xullo de 2018

OS XOGOS TRADICIONAIS ou o pracer de xogar en grupo (I)


Nestes tempo modernos, cada vez os nenos e nenas teñen máis ofertas para ocupar o seu tempo de lecer, e ademais con opcións plantexadas por profesionais do mundo do tempo libre e da educación non formal preocupados por preparar actividades cun trasfondo educativo e de formación de valores.
Os xogos tradicionais teñen na súa maioría un trasfondo competitivo e nalgúns casos violento e sexista, pero estes valores se somos demasiado críticos tamén os atopamos en moitas das actividades deportivas que practican @s nen@s de hoxe en día. Depende de nos coma monis o emprego destes recursos de xeito positivo e igualitario.
Os xogos tradicionais son sinónimo de xogar xuntos, a rapazada antes xuntábanse na rúa e pasaban o tempo xogando ós diferentes xogos segundo a tempada do ano que fora. Os de inverno soían ser xogos en moitos casos para correr o frío, e os de verán estaban pensados para saborear da preciosa natureza que temos en Galicia.
Aínda non se acuñara neses tempos o termo tan tristemente escoitado hoxe en día de nen@s dormitorio, conectados ó seu ordenador/ tablet/ consola, e vendo horas de televisión, na súa maioría pouco educativas.

 TIPOLOXÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS
Os xogos tradicionais tiñan unha distribución segundo diferentes aspectos: a época do ano, o sexo, se as nenas e nenos eran de zona costeira ou de interior. Uns anos despois, finais dos 60´S, 70´S e 80´S se englobaban basicamente en tempadas: tempada de trompos, tempada de bolas, tempada de pincho, etc. As clasificacións máis xerais poderían ser as seguintes:
- Xogos de verán / Xogos de inverno. (esta é a que empregaremos).
- Xogos de nenos / Xogos de nenas. Para nos non existe a diferenciación.
- Xogos de costa / Xogos de interior. Moi similares entre eles as veces.


SORTES
Salvo raras excepcións antes de comezar calquer xogo botabase a chamada sorte para saber quen apandaba no xogo, ou para facer os grupos no caso dos xogos por equipos. Estas son algunhas das máis empregadas:
A SORTE DO BOTÓN, BOTÓN: Era a máis corrente, empregada sobre todo polas nenas, colocabanse as participantes en liña ou en círculo, entón o que botaba a sorte comezaba sempre por si mesmo, e sinalando co dedo e a continuación os outros por orde ía dicindo: “Botón, botón, da bota botera, chirivitón fora”, A participante que sinalaba ao dicir “fora” apartabase do grupo porque non lle tocaba apandar, non durmía (coma tambn se dicía), así ata que soamente quedaba un ou dous se era o caso.
A SORTE DO PA VÍS, PA VÓS: Repetíase o desenvolvemento da anterior sorte, pero a cantinela era a seguinte: Pa vís, pa vós, a filla do rei, casada con vos, merda pá vos, a quen escolledes vostedes en vos. Esta sorte empregabase tambén cando había dous capitáns que tiñan que escoller equipos por sorteo.
A SORTE DOS PES: Colocabanse os dous participantes un frente o outro a unha distancia de tres ou catro metros, comezaban entón a andar por turnos un cara o outro a pasiños curtos, e dicir colocando un pé díante do outro sen ningunha separación. Cando se achegaban o que pisara no seu turno o pe do contrincante escollía compañeiros, ou se empezaba el o xogo ou non.

 Con isto rematamos por hoxe coma aperitivo, pero ao longo da semana iremos Re- Descubrindo xogos tradicionais para que os poidades aplicar no voso campa. 

luns, 16 de xullo de 2018

DINÁMICA DA RISA. Actitude e Pensamento Positivo


"A miña forma de bromear é dicir a verdade. Esa é a broma máis divertida". Woody Allen
Dende a antigüidade sábese que a risa e o bo humor curan e axudan a curar enfermidades, e que as persoas máis sans son as máis optimistas e as que rin máis. O obxectivo da risoterapia é atopar un estado de consciencia onde a risa ten cada vez máis cabida para modificar o noso estado de ánimo, habitualmente estresado debido ás demandas da sociedade.

Tratase de recuperar a nosa risa interior, a risa coa que nacemos e nos enfrontamos ó mundo cando somos cativos, e que moitos e moitas imos perdendo debido as normas sociais e de conduta. A risa ten o efecto de liberar tensións, bloqueos e modificar o estado xeral do organismo aumentando o seu sistema defensivo-inmunolóxico.

Ao pensar en positivo e tomar conciencia do aquí e agora, imos facendo pequenas modificacións en nos mesmos que nos levan pouco a pouco a levar unha vida máis chea e satisfactoria. Por iso, a risa e o desenvolvemento do sentido do humor é unha actividade que acumula beneficios cando se practica con asiduidade. Participando libremente e deixándose levar sen tensións conséguense os…

...“Beneficios da chamada Risoterapia, que é sinselamente ACTITUDE POSITIVA”. Coas actividades e xogos de dinámica da risa poñemos en marcha uns 400 músculos, incluso algúns do estómago que soamente exercitamos coa risa. Nos damos masaxe na columna vertebral e as cervicais, onde acumulamos as tensións, o estirarnos. Lubricamos os ollos coas bágoas. As risas atronadoras fan vibrar a cabeza e despexan o nariz e o oído. Tamén elimina toxinas do organismo. Ademais entra o dobre de aire nos pulmóns e a pel oxixenase máis.

A risa activa a produción de endorfinas no cerebro, que axudan a un bo equilibrio psíquico da persoa. Axuda a ter serenidade, reduce a ansiedade e o estrés e aumenta a creatividade. Entramos deste xeito no camiño do pensamento positivo, que desenvolve a imaxinación, intuición e creatividade. Mellora as relaciones humanas e e a calidade de vida. Xera unha actitude positiva estimulante para mellorar o noso xeito de vida. Axuda a atoparnos mellor con nos mesmos e cos demais.

Pasamos a continuación e describir algunhas actividades de dinámica da risa que non soen fallar:


A ducha da risa: en grupos de catro ou cinco ; un se pon no medio e os demais o rodean formando unha cortina de ducha, a do medio empeza a ducharse, e as demais lle fan cosegas para que se ría. A cada indicación de cambio un dos que esta fora pasa ao medio ata que todas as persoas pasen pola “ducha”.

Ja – Ja – Ja :
tombados no chan coa cabeza sobre a barriga dx compañeirx anterior, ou de pe agarrando ao de diante pola barriga (este sería o tren da risa). Se numera xs participantes por orde e así a primeira di ja, a segunda jaja a terceira jajaja e así hasta a derradeira (debese comezar o ja en canto acaba x compañeirx anterior)

Quéresme dozura, si pero neste momento non me podo rir. Unha persoa panda e fai a pregunta, e as demais deben dar a resposta e non se poden rir, o que se ri pasa o medio.

Agardo que esta pequena introdución sexa do voso interese e lle poidades sacar algún proveito. Recibide un sorriso de balde e unha aperta de agasallo.


"Humor é posiblemente unha palabra; a emprego constantemente. Estou tolo por ela e algún día aprenderei o seu significado". Groucho Marx