Boas a todo o mundo, xa chegou o Samaín (Hallowen) e ao
mellor non tedes calacús para poder facer unha actividade cos voso peques, así
que hoxe propoñemos unha variante que pensei fai tempo do obradoiro das "caixas máxicas"
con cus de botellas de refresco (que seguro moitxs xa fixechedes) e que queda
moi aparente.
Materiais:
- 2 botellas
de refresco de 1 e 1/2 ou de 2 litros.
- Papel hixiénico
ou de cociña (tamén podemos pintar directamente).
- Unha tira de
cartón, dunha caixa de cereais por exemplo.
- Cinta de
papel ou adhesiva.
- Cola branca.
- Pincel
- Rotus.
- Tesoiras e/ou
cutter.
Elaboración:
1º paso: cortamos os dous cus das botellas de refresco do mesmo
tamaño, de xeito que encaixen un no outro (logo daremos un briconsello para que
se peche e abra con facilidade).
2º paso: cubrimos os cus de botella con anacos de papel hixiénico
(ou de cociña) golpeando suavemente cun pincel mollado en cola branca e auga disolva
a partes iguais (podedes pegar pequenas boliñas de papel como se foran as
"enrugas" dos calacús tipo Ruperta que tanto nos gustan). Agardamos a
que seque.
3º paso: Pintamos toda a superficie con acrílico (ou
tempera) laranxa (tamén podemos mesturar vermello e amarelo e así practicamos a
obtención de cores).
4º paso: Cando a
pintura este seca, collemos un rotulador negro, preferentemente, pintamos os ollos,
nariz e boca do noso calacú coma desexemos, e tiramos tamén unhas liñas que
unan os centros dos cus de botella para dar un efecto más realista.
5º paso: cortamos unha tira ancha de cartón dunha caixa de
cereais ou galletas e medimos a circunferencia interna dunha de las partes do
noso calacú. A pegamos polo interior con cinta adhesiva, repartindo o ancho metade
dentro metade fora. Así poderemos abrir pechar o nosos calacú tantas veces como
desexemos.
6º paso: Agora queda xenial darlle un pouco de purpurina
amarela, vermella e/ou laranxa para darlle brillo.
E xa esta, agora podemos decorar, poñer unha luz ou gardar
dentro unhas chuches "terroríficas". Tamén vos queda a a foto de dúas
"arañas" (unha dun so ollo e outra máis longa) que poden acompañarao
vos calacú na mesa, so tedes que pintar unhas boliñas dun desodorizante rolon o
facelas con papel, pintar das cores que máis vos gusten e pegalas a uns limpapipas
de cores. Agardamos vos gustara.
Se queredes información da Wikipedia sobre Samaín podedes consultar este enlace: https://es.wikipedia.org/wiki/Samhain#Samhain_.28Sama.C3.ADn.29_en_la_cultura_gallega
VARIANTE DE CALACÚ CUN BOTE DE CREMA
Logo pensamos
en realizar outro calacú cun bote de crema para o pelo ou as mans, Soamente
tedes que pintar o deseño que logo ides recortar, pintar o bote de cor laranxa
e colocarlle á tapa unha lanciña de cor amarelo (opcional). Despois lle puxemos
acetato (dalgunha caixa que teñades pola casa de roupa, calcetíns, etc...) e un
pequeno led. Así podedes gardar dentro unhas chuches e iluminar pola noite a
vosa habitación. Os deixamos as fotos dos materiais e o proceso (tamén lles
fixemos uns amiguiños: o morcego e a bruxiña. Feliz e terrorífico Samaín.
MATERIAIS |
PINTAR DISEÑO |
RECORTAR |
VACIAR RESTOS DO CORTE |
ENGDIR ACRÍLICOVERMELLO E AMARELO |
MISTUAR PARA OBTER LARANXA |
PINTAR TODO O "CALACÚ" |
E DEIXAR SECAR BOCA ABAIXO |
CRAVAR UNHA LANZIÑA AMARELA NA TAPA. POR DENTRO CUBRIR CON PLASTILINA OU CORCHO. |
PODEMOS POÑER UN PEQUENO LED DENTRO E ACETATO PARA DARLLE USO COMO CAIXA DE CHUCHES E QUE ILUMINE A NOSA HABITACIÓN POLA NOITE. |
FACERLLE UNS AMIGUIÑOS DE SAMAÍN PARA QUE TEÑA COMPAÑA |
HABELAS HAILAS |