luns, 2 de xullo de 2018

BOLICHE


Nesta nova entrada do blog aprenderemos a facer un divertido e sinxelo xoguete con materiais de refugallo: "O Boliche" que é unha adaptación con materiais que temos en casa dun xoguete tradicional. Este penso que foi o primeiro obradoiro dun xoguete funcional que "inventei" como monitor de tempo libre e segue a ser un dos meus preferidos.


Para realizar o obradoiro imos precisar os seguintes materiais: 
1 bote baleiro de iogur de beber.
1 botella valeira de ½ litro de auga

Tesoiras e/ou cutter

Cinta adhesiva ou íllante

Fío de perlé

1 pelota de ping pong (que substituiremos por unha pelota dun desodorizante de rolón

Agulla mediana/grande
       
Construcción:



1º paso: retiramos a etiqueta do iogur de beber se a trae (ou se esta decorado e nos gusta lla deixamos).

2º paso: collemos uns 50/60 cm. De fío (logo cortaremos o que sobre se é necesario) e enfiamos o fío na agulla sen atalo e lle facemos un buraquiño na base do bote de iogur coa agulla e pasamos o fío (collemos unha punta e tiramos da outra para que nos quede un fío simple. A continuación na parte que da ao interior do bote de iogur facemos unha boliña de nos para que o fío non se saia do bote.




  3 paso: enfiamos o fío que nos queda outra vez e traspasamos a bola do desodorizante (ou de ping pong, de papel, etc.), axudándonos se é preciso cunhas tesoira ou cun deda para empurrar a agulla,  retiramos a agulla e lle facemos tamén unha boliña de nos para que o fío non se escape.






4º paso: recortamos un funil  da botella de auga (máis pequeno se desexamos que o noso boliche sexa máis difícil ou máis grande se preferimos facelo máis doado). Cortamos tamén a peza do precinto que queda no pescozo da botella.








5 paso: unimos o funil que acabamos de rematar coa boca do bote de iogur (e se fora preciso fixamos con cinta íllante/ adhesiva, etc. Para que non se mova) e xa temos o noso boliche.



Agora o podemos decorar con pintura, adhesivos, gomets, etc. como máis nos guste.






E a xogar que o boliche é un xoguete tradicional (que así recuperamos para xs máis peques) e que nos axuda a mellorar a coordinación ollo-man, os reflexos, etc.


Ningún comentario:

Publicar un comentario