luns, 23 de xullo de 2018

OS XOGOS TRADICIONAIS ou o pracer de xogar en grupo (I)


Nestes tempo modernos, cada vez os nenos e nenas teñen máis ofertas para ocupar o seu tempo de lecer, e ademais con opcións plantexadas por profesionais do mundo do tempo libre e da educación non formal preocupados por preparar actividades cun trasfondo educativo e de formación de valores.
Os xogos tradicionais teñen na súa maioría un trasfondo competitivo e nalgúns casos violento e sexista, pero estes valores se somos demasiado críticos tamén os atopamos en moitas das actividades deportivas que practican @s nen@s de hoxe en día. Depende de nos coma monis o emprego destes recursos de xeito positivo e igualitario.
Os xogos tradicionais son sinónimo de xogar xuntos, a rapazada antes xuntábanse na rúa e pasaban o tempo xogando ós diferentes xogos segundo a tempada do ano que fora. Os de inverno soían ser xogos en moitos casos para correr o frío, e os de verán estaban pensados para saborear da preciosa natureza que temos en Galicia.
Aínda non se acuñara neses tempos o termo tan tristemente escoitado hoxe en día de nen@s dormitorio, conectados ó seu ordenador/ tablet/ consola, e vendo horas de televisión, na súa maioría pouco educativas.

 TIPOLOXÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS
Os xogos tradicionais tiñan unha distribución segundo diferentes aspectos: a época do ano, o sexo, se as nenas e nenos eran de zona costeira ou de interior. Uns anos despois, finais dos 60´S, 70´S e 80´S se englobaban basicamente en tempadas: tempada de trompos, tempada de bolas, tempada de pincho, etc. As clasificacións máis xerais poderían ser as seguintes:
- Xogos de verán / Xogos de inverno. (esta é a que empregaremos).
- Xogos de nenos / Xogos de nenas. Para nos non existe a diferenciación.
- Xogos de costa / Xogos de interior. Moi similares entre eles as veces.


SORTES
Salvo raras excepcións antes de comezar calquer xogo botabase a chamada sorte para saber quen apandaba no xogo, ou para facer os grupos no caso dos xogos por equipos. Estas son algunhas das máis empregadas:
A SORTE DO BOTÓN, BOTÓN: Era a máis corrente, empregada sobre todo polas nenas, colocabanse as participantes en liña ou en círculo, entón o que botaba a sorte comezaba sempre por si mesmo, e sinalando co dedo e a continuación os outros por orde ía dicindo: “Botón, botón, da bota botera, chirivitón fora”, A participante que sinalaba ao dicir “fora” apartabase do grupo porque non lle tocaba apandar, non durmía (coma tambn se dicía), así ata que soamente quedaba un ou dous se era o caso.
A SORTE DO PA VÍS, PA VÓS: Repetíase o desenvolvemento da anterior sorte, pero a cantinela era a seguinte: Pa vís, pa vós, a filla do rei, casada con vos, merda pá vos, a quen escolledes vostedes en vos. Esta sorte empregabase tambén cando había dous capitáns que tiñan que escoller equipos por sorteo.
A SORTE DOS PES: Colocabanse os dous participantes un frente o outro a unha distancia de tres ou catro metros, comezaban entón a andar por turnos un cara o outro a pasiños curtos, e dicir colocando un pé díante do outro sen ningunha separación. Cando se achegaban o que pisara no seu turno o pe do contrincante escollía compañeiros, ou se empezaba el o xogo ou non.

 Con isto rematamos por hoxe coma aperitivo, pero ao longo da semana iremos Re- Descubrindo xogos tradicionais para que os poidades aplicar no voso campa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario